Outra emisión máis deste programa. Comezamos, coma sempre coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para adubiar esta emisión e poñémonos en contacto co primeiro convidado, don SERXIO Mª RODRÍGUEZ ÁLVAREZ , Historiador, Politólogo, Escritor e investigador moi coñecedor do Couto Mixto. Parabenizámolo porque próximamente, concretamente o día 23 de abril, virá a Santa Coloma de Gramenet a presentar o seu libro: "O pensamento político de Ramón Piñeiro" . Fálanos dese libro que contén a traxectoria política deste personaxe tan interesante da nosa cultura galega. Tamén estudou, traballou e escribiu sobre a figura de don Vicente Risco, outro galeguista que paga a pena ler, segundo nos fala na peqeuna conversa que mantivemos. Agradecémoslle a súa participación e prometémonos voltar a contactar con el para seguirmos sabendo máis da nosa historia de das súas investigacións. dona Lucía Araújo A continuación escoitamos outro bocado de música e poñémonos en cont
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR MANUEL REY CALO , que nos comunica as diversas noticias acontecidas, durante a semana, naquela contorna e que se poden ampliar más detidamente na páxina quepasanacosta.gal, ademais volve a informar que este noso programa re-emítese mañá, domingo, na emisora "Radio Roncudo" a partir das dez da mañá. Agradecémos a súa aportación e desexamos unha boa fin de semana. Conectamos agora con ANGELA COSTAS PARADA , Pintora galega, Ilustradora de grande prestixio, que foi elixida para ilustrar o libro de poemas premiados nos 5 últimos anos do Certame Internacional de Poesía Galega Rosalía de Castro de Cornellà. Cóntanos as súas experiencias creando ilustracións e aportacións feiticeiras para moitos autores, tanto de narrativa como poética. A súa inspiración e traballo creativo plásmase nunha imaxe que